Monday 29 de April de 2024

Posibles cortes na emisión de Radio Oleiros o luns por melloras nos equipos técnicos da emisora


Debido ás tarefas de renovación dos equipos técnicos de Radio Oleiros, o vindeiro luns 7 de agosto poden producirse interrupcións na emisión. Igualmente non se emitirá a programación habitual.

A renovación técnica de Radio Oleiros é o primeiro paso para o inicio dunha nova tempada, que comezará o próximo mes de setembro, e que incluirá na súa programación os contidos xa coñecidos e outros novos que se irán incorporando á grella da emisora municipal.